Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Abanca e o GDR Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e "apostan pola creación de emprego e a sostibilidade".

24, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR12) Carballiño-Ribeiro veñen de asinar un acordo de colaboración que busca responder ás necesidades do tecido produtivo da comarca e da creación de emprego, ao tempo que sitúan a sostibilidade no foco principal. O convenio foi rubricado en Leiro polo director de zona de Abanca en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campo, e o presidente do GDR Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández Pérez.

O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios financeiros que Abanca suscribe practicamente a diario con colexios profesionais, empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten presencia. Un dos obxectivos fundamentais deste acordo é a reactivación económica da comarca a través do impulso de novos proxectos e da mellora da competitividade e sostibilidade medioambiental dos actuais a través do crédito.

Con isto, os adheridos ao GDR poderán acceder a condicións vantaxosas na contratación de produtos e servizos como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións e avais. Así mesmo, o texto detalla unha oferta con créditos e préstamos específicos para o sector agrogandeiro, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming. Os membros do GDR tamén terán acceso ás vantaxes do Programa Servizos Abanca, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

Así mesmo, o banco ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados. A maiores, desde as oficinas facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/abanca-e-o-gdr-carballino-ribeiro-renovan-sua-colaboracion-e-apostan-pola-creacion-de-emprego

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/abanca-e-o-gdr-carballino-ribeiro-renovan-sua-colaboracion-e-apostan-pola-creacion-de-emprego [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/abanca-e-o-gdr-carballino-ribeiro-renovan-sua-colaboracion-e-apostan-pola-creacion-de-emprego [3] whatsapp://send?text=Abanca e o GDR Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e [4] https://copecarballino.es/print/62267