Desenrolado por coroa.es
Non sei se é produto dun extrano encantamento e os meus ollos me enganan cando ás veces, e tan só en determinadas datas, vexo a Baltar junior por doquier. Murmurando bellas cántigas mergulando bellas verbas: Next generation, transición dixital, transición verde, moitos eixos e blo, blo, blo...
O caso é que non estaría de máis, que chegado o momento e pasadas estas datas, se tivese a sorte de seguir sendo o presidente da Deputación, faga máis acto de presenza pola nosa comarca con proxectos sólidos e tanxibles, e deixe xa dunha vez por todas o tan trillado bluf do termalismo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/veces-vexo-baltar-ata-na-sopa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/veces-vexo-baltar-ata-na-sopa
[3] whatsapp://send?text=Ás veces vexo a Baltar ata na sopa http://copecarballino.es/denunciacidada/veces-vexo-baltar-ata-na-sopa
[4] https://copecarballino.es/print/62497