Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Pachi Vázquez repetirá como candidato á alcaldía. Asi ven de oficializalo Espazo Común, que invita á veciñanza á súa presentación o próximo venres.

6, Marzo 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

"Por absoluta unanimidade", asi da o coñecer Espazo Común a desiganción de Pachi Vázquez como o seu candidato á alcaldía do Carballiño para os comicios municipais do 28M.

Remarcan que "todos e cada un dos membros da Xuntanza Local do Carballiño estiveron de acordo en que a experiencia dun dos políticos máis importantes da historia deste pobo é imprescindible para reconducir moitas das eivas que foron aparecendo estes últimos anos e que ameazan seriamente o noso futuro".

“Despois de catro anos de intenso traballo dende a oposición, estando en cada recuncho onde un veciño nos requería e facendo dúcias de propostas, Espazo Común está en disposición de presentar un proxecto para O Carballiño cun grupo de homes e mulleres cheos de ilusión e gañas e será unha honra ser o candidato no pobo ao que llo debo todo” afirmou Vázquez.

Manuel Vázquez Fernández Pachi" naceu no Carballiño en 1955, e del destacan dende ESCO "é un home sobradamente coñecido pola súa implicación coa vila que o viu nacer e incluso cando o camiño político o levou a ser conselleiro de medio ambiente da Xunta de Galicia ou candidato á presidencia da mesma, sempre loitou para traer inversións que melloraran as condicións de vida dos cidadáns". Dende Espazo Común atribuen ao seu traballo político "o enlace da autovía, a gratuidade desta para ir a Ourense, o campo de fútbol de herba artificial da Uceira, a depuradora do Carrás, o Camiño dos Arrieiros, a construción dun parking subterráneo no centro, o Paseo do Arenteiro e moitas outras dunha lista que se faría interminable".

“Levamos catro anos a pé de pobo, coñecemos moi ben cada rúa, cada camiño, cada recuncho desta xeografía e temos un diagnóstico claro do que se precisa. E o que é aínda máis importante, temos a enerxía e o equipo necesarios para levalo a cabo” aseverou Vázquez. A súa candidatura presentaráse nun acto público aberto a toda a cidadanía que desexe acudir ao Hotel Arenteiro este vindeiro venres 10 de marzo ás 8 da tarde.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-repetira-como-candidato-alcaldia-asi-ven-de-oficializalo-espazo-comun-que-invita

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-repetira-como-candidato-alcaldia-asi-ven-de-oficializalo-espazo-comun-que-invita [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-repetira-como-candidato-alcaldia-asi-ven-de-oficializalo-espazo-comun-que-invita [3] whatsapp://send?text=Pachi Vázquez repetirá como candidato á alcaldía. Asi ven de oficializalo Espazo Común, que invita á veciñanza á súa presentación o próximo venres. http://copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-repetira-como-candidato-alcaldia-asi-ven-de-oficializalo-espazo-comun-que-invita [4] https://copecarballino.es/print/62516