Desenrolado por coroa.es
A través desta sección de denuncias moitos copenautas deron a coñecer as malas prácticas da hostalería carballiñesa con respecto ás terrazas. Dende fai uns meses vimos asistindo a un novo abuso por parte de certa e coñecida cafetería ubicada na rúa Principal, a cal deixa a súa terraza colocada as 24 horas do día. Explícome: esta cafetería cando pecha polas noites non recolle a súa terraza quedando esta posta toda a noite ata o día seguinte. Non sei que din as ordenanzas municipais que regulan as terrazas do Carballiño, pero supoño que obligaran a recollelas cando establecementos hosteleiros pechen como é preceptivo. Esta non é primeira vez que isto sucede, pois fai bastantes anos atrás o día da Festa do Pulpo outra cafetería, xa desparecida, situada uns metros más abaixo tampouco recollía a súa terraza permanecendo toda noite sen recoller e co seu responsable sentado nela vixiando que ninguén lle fixera nada á súa terraza.
¿Ata cando teremos que aturar os abusos da hostaleria carballiñesa con respecto as terrazas? Espero que nova corporación municipal que saía das furnas nas vindeiras eleccións poña remedio e fin aos excesos da hostalería da nosa vila.
A crise que provocou o Covid 19 deixou moi tocada á hostalería. Dende o concello falouse de solidaridade cos hostaleiros e esta solidaridade dende o concello do Carballiño se materializou en pechar os ollos e facer a vista gorda aos atropelos aos que nos ten afeitos a hostalería da nosa vila e así estamos: inclumprimento de horarios de peche, poñer música a todo volume, abusos varios coas terrazas e agora algúns se negan a recoller as terrazas. Isto xa vai camiño de converterse na casa de "Tócame Roque".
Señores do concello a solidaridade coa hostalería do noso pobo non consiste en mirar para outro lado e consentir que certos hosteleiros se extralimiten e fagan o que lles dá a real gana. As ordeanzas e regulacións sobre a hostelería están para facerse cumprir e non para facer caso omiso delas amprándose na solidaridade. Esta se demostra acudindo aos establecementos a consumir e non en pechar os ollos e permitir tódolos abusos habidos e por haber. A pandemia foi unha oportunidade para meter en cintura a hostalería do Carballiño facendo que cumprisen a legalidade vixente, pero esta deixouse pasar como si tal cousa. En fin que se vai esperar ao fin e o cabo isto non é O Carballiño isto é Carballiñistán onde certos hostaleiros fan o que lles peta e se pasan as ordeanzas municpais e as normativa vixente polo arco do triunfo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/terrazas-sen-recoller-na-rua-principal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/terrazas-sen-recoller-na-rua-principal
[3] whatsapp://send?text=Terrazas sen recoller na rúa Principal http://copecarballino.es/denunciacidada/terrazas-sen-recoller-na-rua-principal
[4] https://copecarballino.es/print/62524