Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro gañou 2-1 aos burgaleses e queda pendente dos resultados de Avilés e Guijuelo deste domingo, xa que si ningún dos dous gañase, o Arenteiro sería xa campión matemático da Segunda RFEF e a falta de xogarse aínda 5 xornadas, se non fose asi habería que agardar ao próximo domingo no Couto para cantar o alirón.
O Arenteiro está a unhas horas ou a algunhos dias para citarse coa historia, Espiñedo volveu quedarse pequeno outro partido máis, con máis de 2.000 afeccionados e afeccionadas que non pararon de animar nos 95 minutos no que o balón estivo en xogo.
Non foi dos mellores partidos dos verdes esta tempada, nin moito menos, ademáis enfronte tiña a un equipo, o filial do Burgos, que xogou o seu mellor partido da tempada, a decir das crónicas burgalesas. Ainda así, Manín marcou o 1-0 no primeiro periodo, e xa na reanudación e tras o empate do Burgos, Germán Novoa marcou un auténtico golazo para poñer patas arriba Espiñedo.
Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-derrota-ao-burgos-promesas-2-1-e-e-vir... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ambiente-festivo-en-espinedo-con-mais-de-2000-persoas-na-vitoria-do-arenteiro-ante-o-burgos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ambiente-festivo-en-espinedo-con-mais-de-2000-persoas-na-vitoria-do-arenteiro-ante-o-burgos
[3] whatsapp://send?text=Ambiente festivo en Espiñedo, con máis de 2.000 persoas, na vitoria do Arenteiro ante o Burgos Promesas, que deixa aos verdes ao bordo do ascenso matemático http://copecarballino.es/novas/ambiente-festivo-en-espinedo-con-mais-de-2000-persoas-na-vitoria-do-arenteiro-ante-o-burgos
[4] https://copecarballino.es/print/62669
[5] https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-derrota-ao-burgos-promesas-2-1-e-e-virtual-equipo-de-1-rfef