Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta licita as obras de mellora do firme en 4 estradas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, cun investimento de máis de 1 M€

9, Abril 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, cun investimento de máis de 1 M€.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio.

Estes traballos comezarán no verán e prevese o seu remate este mesmo ano, ao contar cun prazo de execución de 6 meses.

As actuacións levaranse a cabo nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en San Cristovo de Cea e Vilamarín.

As intervencións consistirán na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.

Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-de-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do-carballino-e-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-de-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do-carballino-e-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-de-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do-carballino-e-do [3] whatsapp://send?text=A Xunta licita as obras de mellora do firme en 4 estradas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, cun investimento de máis de 1 M€ http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-de-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do-carballino-e-do [4] https://copecarballino.es/print/62670