Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Miles de persoas aclaman ao Tricampión no Carballiño. O Arenteiro, único equipo que consigue o triplete de titulos esta tempada no fúbol español.

16, Abril 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro foi recibido no Carballiño con honras de campións por miles de persoas nesta tarde-noite de domingo no que o os verdes conseguiron a máis grande xesta deportiva da súa historiae do deporte carballiñés.

Non é para menos, ningún equipo do fútbol español pode presumir a estas alturas da tempada de lograr tres títulos. En agosto, en Portonovo gañou a Copa Federación Galicia ante a SD Compostela, trouxo a primeira copa da tempada para O Carballiño, que ademáis abríulle a porta para acceder como representante galego á fase nacional da Copa Federación, proclamándose brillante campión e logrando asi osegundo tíutlo da tempada o dia 2 de novembro en terras valencianas ante o Alzira. Precisamente esta competición foi chave para entrar na Copa do Rei, onde eliminou a todo un primeira división como o Almería, e caeu ante o Atlético de Madrid, en dúas memorables noites en Espiñedo.

E agora chega o terceiro título da tempada, o campionato do grupo primeiro da Segunda Federación, logrado tamén brillantemente nunha tempada para enmarcar no que so perdeu un partido, sendo a estas alturas da tempada o Arenteiro o único equipo invicto a domicilio entre todas as ligas nacionais europeas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/miles-de-persoas-aclaman-ao-tricampion-no-carballino-o-arenteiro-unico-equipo-que-consigue-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/miles-de-persoas-aclaman-ao-tricampion-no-carballino-o-arenteiro-unico-equipo-que-consigue-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/miles-de-persoas-aclaman-ao-tricampion-no-carballino-o-arenteiro-unico-equipo-que-consigue-o [3] whatsapp://send?text=Miles de persoas aclaman ao Tricampión no Carballiño. O Arenteiro, único equipo que consigue o triplete de titulos esta tempada no fúbol español. http://copecarballino.es/novas/miles-de-persoas-aclaman-ao-tricampion-no-carballino-o-arenteiro-unico-equipo-que-consigue-o [4] https://copecarballino.es/print/62703