Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O CD Arenteiro pide ás institucións que se involucren cun novo Espiñedo para O Carballiño. Concello, Deputación e Xunta felicitan ao equipo polo seu ascenso e comprométense a estudar o proxecto.

2, Maio 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Xornada institucional cunha intensa axenda, primeiro foi a recepción ao equipo no Pazo de Raxoi, onde foi felicitado polo seu ascenso á Primeira RFEF nun acto no que o o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo entender moi ben a petición de apoio ante a administración autonómica demandada polo presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes, para un novo Espiñedo, que estea á altura das condicións que demandan un estadio do século 21.

Unha demanda que o mandatario do club carballiñés tamén trasladou como moi necesaria no segundo acto institucional desta xornada, na que o equipo, fútbolistas e técnicos, acudiron á invitación da Deputación de Ourense, desta vez Marnotes non deixou escapar a ocasión para pedir ese mesmo apoio ante o presidente da entidade provincial, Manuel Baltar.

E finalmente, xa pola tarde, o salón de actos do concello do Carballiño acolleu a homenaxe institucional que presidiu o alcalde Fumega e ao que asistíron os grupos políticos da corporación carballiñesa. Tamén aquí o acto servíu para que o club trasladáse aos responsables municipais a necesaria comunión entre club e concello para que O Carballiño dea a mellor imaxe posible a toda España, comezando polas actuacións que con carácter máis urxente hai que acometer en Espiñedo para cumplir varios requisitos que esixen a competición da Primeira RFEF, como en materia de iluminación ou contar cun aforo mínimo que necesitará a instalación dunha grada provisional no estadio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-pide-institucions-que-se-involucren-cun-novo-espinedo-para-o-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-pide-institucions-que-se-involucren-cun-novo-espinedo-para-o-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-pide-institucions-que-se-involucren-cun-novo-espinedo-para-o-carballino [3] whatsapp://send?text=O CD Arenteiro pide ás institucións que se involucren cun novo Espiñedo para O Carballiño. Concello, Deputación e Xunta felicitan ao equipo polo seu ascenso e comprométense a estudar o proxecto. http://copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-pide-institucions-que-se-involucren-cun-novo-espinedo-para-o-carballino [4] https://copecarballino.es/print/62849