Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Cine-Club Carballiño, entre as 13 entidades galegas que renovan o seu convenio coa Xunta, para contribuir á súa programación cinematográfica anual.

6, Maio 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, asinaron o convenio de colaboración mediante o que a Xunta renova o seu compromiso anual con este colectivo para o mantemento dunha programación cinematográfica estable e de calidade. A oferta de 2023 desenvólvese arredor de 18 ciclos e semanas de cine en 13 cineclubs doutras tantas localidades galegas, entre as que figura O Carballiño.

Segundo recolle o acordo, a colaboración da Xunta materialízase nunha achega de 30.000 euros, a través da que se contribúe á organización e coordinación de 12 ciclos e seis semanas de cine, estruturados arredor dunha temática concreta ou con carácter temporal, a través dos que se reforza o labor dos cineclubs galegos na difusión e creación de públicos para o cinema, ademais de como alternativa e complemento ao circuíto comercial.

Ademáis do Cine-Club Carballiño, participan nesta programación os cineclubs Groucho Marx do Barco de Valdeorras, Bueu, Cangas, Os Papeiros de Chantada, Poleiro de Goián (Tomiño), Valle Inclán de Lugo, Serie B de Narón, Val Miñor Alice Guy de Nigrán, Padre Feijoo de Ourense, Pontevedra, Lumiére de Vigo e Adega de Vilagarcía de Arousa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-cine-club-carballino-entre-13-entidades-galegas-que-renovan-o-seu-convenio-coa-xunta-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cine-club-carballino-entre-13-entidades-galegas-que-renovan-o-seu-convenio-coa-xunta-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cine-club-carballino-entre-13-entidades-galegas-que-renovan-o-seu-convenio-coa-xunta-para [3] whatsapp://send?text=O Cine-Club Carballiño, entre as 13 entidades galegas que renovan o seu convenio coa Xunta, para contribuir á súa programación cinematográfica anual. http://copecarballino.es/novas/o-cine-club-carballino-entre-13-entidades-galegas-que-renovan-o-seu-convenio-coa-xunta-para [4] https://copecarballino.es/print/62907