Desenrolado por coroa.es
Isidro Vidal acaba de lanzar o seu novo sinxelo “Maxia” baixo o selo discográfico “Edicións Bordón”, como preludio ao seu novo albume que sairá á luz o próximo 12 de maio.
“Maxia” é unha canción instrumental que trascende os xéneros e estilos habituais no mundo da gaita de fol, ofrecendo unha experiencia auditiva única que te leva a través dunha viaxe emocional a través da súa melodía engaiolante. Cun son envolvente e unha composición cuidadosamente elaborada, esta melodía inspira a soñar e crer nun mesmo mentras convida a superarse e alcanzar a felicidade.
Esta nova canción descata pola súa melodía pegadiza e tarareable, que che atrapa dende o primeiro momento e lévate a un estado de ánimo positivo e motivador. A través da súa música, Isidro Vidal transmite a súa mensaxe de superación persoal e búsqueda da felicidade, creando unha conexión emocional única coa súa audiencia.
Cunha carreira musical de éxito, Isidro Vidal é recoñecido na escena internacional polas súas habilidades coma músico, tendo realizado concertos nestes últimos anos en Galicia e Estados Unidos, participando en diversos festivais destacados da worldmusic coma o Festival Celta de México, Festival Celtasur (Andalucía) ou o Festival Identidades (Portugal). Ademáis esta composición é unha mostra máis do éxito do seu proxecto #composición365 do que sae esta canción, das que destacan outras como a destacada Muiñeira do Pulpo adicada á Festa do Pulpo do Carballiño.
Vídeoclip: https://youtu.be/a6CE3gNZwsU [5]
Instagram/Facebook: @isidrovidalmusic
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-gaiteiro-carballines-isidro-vidal-estrea-o-seu-novo-traballo-discografico-aqui-tes-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-gaiteiro-carballines-isidro-vidal-estrea-o-seu-novo-traballo-discografico-aqui-tes-o
[3] whatsapp://send?text=O gaiteiro carballiñés Isidro Vidal estrea o seu novo traballo discográfico. Aquí tes o videoclip de
[4] https://copecarballino.es/print/62924
[5] https://youtu.be/a6CE3gNZwsU