Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Comezan os debates en COPE O Carballiño. Para esta semana, entre os dias 15 e 19, celebraránse os dos concellos de Punxín, Avión, Piñor, Cea e San Amaro.

14, Maio 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

COPE O Carballiño súmase á campaña electoral do 28 de Maio para ofrecer á súa audiencia a mellor información do seu concello, desta maneira esta emisora de radio- que foi pioneira nesta iniciativa- volve programar debates na maioría dos concellos do seu ámbito de cobertura radiofónica. Na foto, os participantes do debate de 2015 no concello de Leiro.

Desta maneira, todos os candidatos e candidatas ás alcaldías que concorren a estas eleccións municipais están invitados a participar neste debates concello a concello, que levaránse a cabo en directo nos estudos de COPE O Carballiño, moderados por Xan Pinal,  serán retransmitidos en emisión simultánea pola FM (91.9) e a través de internet (www.copecarballino.es [5])  Ademáis, os debates quedarán dispoñibles para a súa descarga no PODCAST diario de COPE O Carballiño, nesta mesma páxina WEB.

Cada candidato contará en total con 12 minutos para as súas intervencións, e o calendario previsto é o seguinte:

LUNS 15: PUNXÍN (PP, PSOE, BNG, COMPROMISO POR GALICIA)

MARTES 16: AVIÓN (PP, VOX, AIRES NOVOS POR AVIÓN, PSOE)

MERCORES 17: PIÑOR (PP, BNG, PSOE, ESPAZO COMÚN)

XOVES 18: SAN CRISTOVO DE CEA (PP, BNG, PSOE)

VENRES 19: SAN AMARO (PP, PSOE, XUNTOS POR SAN AMARO, ESPAZO COMUN)

LUNS 22: LEIRO (PP, PSOE, BNG)

MARTES 23:  BEADE (PP, PSOE, BNG, AVIDE E POR BEADE)

MERCORES 24: O IRIXO (PP, PSOE, XUNTOS POLO IRIXO)

XOVES 25: MASIDE ( PSOE, PP, BNG)

VENRES 26: O CARBALLIÑO (PSOE, PP, ESCO, BNG, PODEMOS)

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/comezan-os-debates-en-cope-o-carballino-para-esta-semana-entre-os-dias-15-e-19-celebraranse-os

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-os-debates-en-cope-o-carballino-para-esta-semana-entre-os-dias-15-e-19-celebraranse-os [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-os-debates-en-cope-o-carballino-para-esta-semana-entre-os-dias-15-e-19-celebraranse-os [3] whatsapp://send?text=Comezan os debates en COPE O Carballiño. Para esta semana, entre os dias 15 e 19, celebraránse os dos concellos de Punxín, Avión, Piñor, Cea e San Amaro. http://copecarballino.es/novas/comezan-os-debates-en-cope-o-carballino-para-esta-semana-entre-os-dias-15-e-19-celebraranse-os [4] https://copecarballino.es/print/62990 [5] http://www.copecarballino.es