Desenrolado por coroa.es
No mes de xuño-xullo 2020, o propietario da finca da rúa Vilanova, Señorín, no Carballiño, familiar do Alcalde, Francisco Fumega Piñeiro, executa sen ter o título habilitante de obra, un cerre de postes de formigón que invade a superficie dos terreos de PROPIEDADE MUNICIPAL e dunha finca privada.
Meses mais tarde, O SR. ALCALDE, a pesar estar afectado por caso de ABSTENCIÓN, que impón o Réxime Xurídico do Sector Público pola súa relación familiar co propietario infractor, resolve concederlle o título habilitante á comunicación previa presentada, sabendo das inexactitudes e a omisión de que a obra xa estaba executada de antemán de forma ilegal e que invadía a propiedade pública e privada.
Os incumprimentos continuados da normativa legal por parte dos responsables municipais do Concello do Carballiño que vulneran as garantías, o principio de neutralidade, a posibilidade de alegar ás resolucións ditadas, solicitar a exixencia de responsabilidade polas anomalías na tramitación do expediente de reposición da legalidade urbanística e as RESOLUCIÓNS ARBITRARIAS DO ALCALDE SABENDO DA SÚA ILEGALIDADE, levan aos propietarios afectados a presentar, en días pasados, o escrito de queixa e a solicitude á Valedora do Pobo para que, dentro das súas competencias, poña os feitos en coñecemento do MINISTERIO FISCAL e, si procede, adopte as accións que correspondan.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/solicitan-valedora-do-pobo-intervencion-do-ministerio-fiscal-polas-resolucions
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/solicitan-valedora-do-pobo-intervencion-do-ministerio-fiscal-polas-resolucions
[3] whatsapp://send?text=Solicitan á Valedora do Pobo a intervención do MINISTERIO FISCAL polas resolucións arbitrarias do ALCALDE DO CARBALLIÑO http://copecarballino.es/denunciacidada/solicitan-valedora-do-pobo-intervencion-do-ministerio-fiscal-polas-resolucions
[4] https://copecarballino.es/print/63045