Desenrolado por coroa.es
¿Cal é a próxima xogada do alcalde de Maside?
Unha familia de Maside encóntrase inmersa nunha xincana dirixida e organizada polo seu alcalde na que a realidade supera a ficción.
O punto de partida dá comezo cunha licenza de obra ilegal no 2019, como si dun proxecto autofinanciado se tratase ( o cookworking aínda non se levaba) asina o proxecto, dirixe a obra e concede a licenza o noso protagonista estrela, redoble de tambores,...o omnipresente e omnipotente alcalde.
Comeza o periplo, Primeira proba: a familia protagonista coñecedora e afectada pola licencia ilegal da obra contacta co alcalde cun resultado fallido: sorprendentemente “descoñece o asunto” , segunda proba: reclamación do expediente ó secretario resultado: denegado o acceso e proba de “aguante” (piropos varios ).Os nosos participantes non se renden, terceira proba: interposición de recurso potestativo ante o concello resultado: están a esperar a resposta ( 4 anos demostran a paciencia dos nosos concursantes) . Cuarta proba, aproveitando a espera participan en probas paralelas por eso de ir adestrando..., nun intento de gañar puntos para a final xogan a baza da valedora do pobo, resultado: proba superada, pero a pesar dos esforzos non puntúa para a final, pois a ela tamén lle denegan a información, o mesmo ocorre co defensor do pobo. Tamén acuden a APLU ( axencia da protección urbanística ) resultado: seica o lobo é o encargado de coidar das ovellas, xa que o alcalde é o encargado de velar a legalidade urbanística (xa dixemos que era omnipotente). Quinta proba, reintento persoal de reconducir a situación, o noso organizador nun alarde dos seus poderes remíteos a xustiza para pasar de nivel.
A nosa familia segue loitando, esta vez as probas da xincana reinícianse no pazo de xustiza, coa sexta proba. Nun último esforzo para alcanzar a final da proba conseguen un resultado positivo que avala todos os seus intentos. Seica hai que derribar. Non se fai.
Última e sétima proba van ao TSX Agora parece que sí. A meta é súa. Chegan. Cansos, desgastados pero chegan. Sentencia condenatoria que declara a ilegalidade e o derribo. Quen asume as costas do proceso? Pagarán o orgullo do alcalde os veciños da vila?
Parece xa por fin que os nosos participantes van recibir o premio final da xincana. Hai demanda de execución subsidiaria ó concello. Pero… non se adianten aos acontecementos, estamos seguros que queren saber como remata o conto pero… como non sabemos o final imos facer algunhas conxeturas:
- a edificación non se derriba, legalizase e fan un marina dor ciudad de vaciones en Maside.
- a nosa familia é expropiada e despois de gañar no último minuto roubanlle por penalti inxusto (haberá VAR?).
- o promotor fai un parking para dar cabida a todos os vehículos que ten nas beirarrúas da vila.
- os nosos protagonistas levan medallita polo esforzo realizado pero expropianlle o terreo afectado pola edificación argumentando interese público e construese alí un helipuerto.
Pista: a edificación luce campante, o alcalde trama algo, ...
Como poden comprobar todo é posible en Maside, a vila, onde os soños se fan realidade.Veremos con que nos sorprenden. Atentos ao diario de Maside. ¿queres participar na proxima xincana? Resolve os acertixos:
Pode una alcalde ser xuiz e parte?
Pode antepor os seus interese persoais ós dos veciños?
Pode sacar proveito do mal alleo?
Pode un alcalde cambiar a lei segundo lle conveña?
Pode facer caso omiso da xustiza?
Pode abusar do seu poder?
Pode beneficiar a un veciño a consta de perxudicar a outro?
Pode, pode,…vaia se pode!
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cal-e-proxima-xogada-do-alcalde-de-maside-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cal-e-proxima-xogada-do-alcalde-de-maside-0
[3] whatsapp://send?text=¿Cal é a próxima xogada do alcalde de Maside? http://copecarballino.es/denunciacidada/cal-e-proxima-xogada-do-alcalde-de-maside-0
[4] https://copecarballino.es/print/63122