Desenrolado por coroa.es
Espazo Común difundíu esta mañá un comunicado no que asegura que votarán ao seu candidato á alcaldía Pachi Vázquez na sesión de investidura do próximo sábado dia 17, desta maneira e toda vez que o Partido Popular xa avanzou que tamén votará ao seu candidato, a dia de hoxe parece que cobra forza a idea de que Francisco Fumega será reelexido como alcalde do Carballiño, por ser o maís votado o pasado 28-M
Reproducimos íntegramente o comunicado de Espazo Común:
"Entramos na semana decisiva para definir o FUTURO do Carballiño. Dende Espazo Común queremos dar as gracias a todos os carballiñeses que depositaron a súa confianza en nós; e ó mesmo tempo queremos facerlles chegar a nosa postura sobre a elección do GOBERNO MUNICIPAL o próximo sábado día 17. Presentámonos co COMPROMISO de CAMBIAR determinadas cousas : 1 -Ubicación do CENTRO DE SAUDE 2 -Solucionar conflito do ASILO 3 -Axudas ós libros de texto 4 -Novas infraestructuras deportivas 5 -Limpeza do pobo, do Parque Municipal e do medio rural. Nos días transcurridos dende as eleccións, ningunha formación política expuxo unha proposta de CAMBIO REAL. O candidato do Partido Popular só ten unha proposta: SER ALCALDE pero nada manifesta sobre as NECESIDADES do CARBALLIÑO. O actual alcalde asume a súa derrota pero INSISTE en NON CAMBIAR NADA… sinxelamente ESPERAR e que pase o tempo. Ante esta SITUACIÓN dende ESPAZO COMUN só nos queda anunciar que : VOTARÉMONOS A NÓS MESMOS e seguiremos traballando polo CAMBIO REAL no CARBALLIÑO o tempo que sexa necesario".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-asegura-que-votara-ao-seu-candidato-pachi-vazquez-neste-caso-fumega-sera
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-asegura-que-votara-ao-seu-candidato-pachi-vazquez-neste-caso-fumega-sera
[3] whatsapp://send?text=Espazo Común asegura que votará ao seu candidato Pachi Vázquez, neste caso Fumega será reelixido como alcalde do Carballiño este próximo sábado. http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-asegura-que-votara-ao-seu-candidato-pachi-vazquez-neste-caso-fumega-sera
[4] https://copecarballino.es/print/63345