Desenrolado por coroa.es
Redecinema é un ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán (ao exterior e con gran pantalla) que viaxará por 18 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística durante os meses de estío. Para chegar a todos os públicos, a compañía ofrece a cada concello a oportunidade de elixir entre os títulos do seu catálogo: Cuñados, Melancolía, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Engurras, Eroski-paraíso, Jacinto e O que arde.
O primeiro pase será este sábado 15 na praza do Concello de Negreira, onde as persoas interesadas poderán achegarse ás 22,30 horas para gozar do filme de animación infantil e familiar A galiña Turuleca. Despois seguirá por Forcarei, Outeiro de Rei, Allariz, Ponteareas, Laxe, A Laracha, Ares, Xove, Sober, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barro, Silleda, O Rosal, Beariz e Mondoñedo. As datas, horas e lugares exactos poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/beariz-e-maside-gozaran-de-cine-de-veran-ao-aire-libre-en-formato-gran-pantalla-coa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/beariz-e-maside-gozaran-de-cine-de-veran-ao-aire-libre-en-formato-gran-pantalla-coa
[3] whatsapp://send?text=Beariz e Maside gozarán de cine de verán ao aire libre en formato gran pantalla, coa colaboración da Rede de Dinamizacíon Lingüistica http://copecarballino.es/novas/beariz-e-maside-gozaran-de-cine-de-veran-ao-aire-libre-en-formato-gran-pantalla-coa
[4] https://copecarballino.es/print/63562