Desenrolado por coroa.es
A vicepresidenta do Goberno de España e ministra de traballo, Yolanda Díaz, asistíu hoxe á 61 edición da Festa do Pulpo que neste domingo 13 de agosto estáse a celebrar no Carballiño.
A Vicepresidenta, que estivo acompañada en todo momento pola portavoz da Plataforma SUMAR no congreso, Marta Lois, vencellada familiarmente a O Carballiño, foron recibidas na casa do concello polo alcalde Francisco Fumega nun acto institucional no que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos grupos políticos da corporación municipal. Yolanda Díaz asinou no libro de honra do concello do Carballiño.
Despóis de ofrecer declaracións en clave política aos medios fronte á escultura da pulpeira na Praza Maior, a Vicepresidenta en funcións do Goberno de España camiñou xunto aos responsables municipais ata o parque municipal do Carballiño, onde se celebra como cada segundo domingo de agosto a "gran pulpada mundial", considerada como a festa gastronómica máis importante de Galicia, e declarada desde 2022 como Festa de Interese Turístico Internacional.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recibe-na-casa-do-concello-nun-acto-institucional-vicepresidenta-do-goberno-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recibe-na-casa-do-concello-nun-acto-institucional-vicepresidenta-do-goberno-de
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño recibe na casa do concello nun acto institucional á vicepresidenta do Goberno de España, Yolanda Díaz, no día grande da Festa do Pulpo http://copecarballino.es/novas/o-carballino-recibe-na-casa-do-concello-nun-acto-institucional-vicepresidenta-do-goberno-de
[4] https://copecarballino.es/print/63700