Desenrolado por coroa.es
A Deputación de Ourense financiará un proxecto que vai solucionar dunha vez por todas a problemática que desde fai xa polo menos 15 anos atrás ven afectando ao Bañiño de Arcos, xa que conforme avanza o verán e baixa o caudal do río Arenteiro, o cano do Bañiño queda sen a famosa auga minero-medicinal.
Esta auga, que tantos usuarios ten tanto veciños da comarca como incluso de fora, está indicada para enfermidades de fígado, ril, vesícula e pel, clasificadas polos especialistas como frías, cunha temperatura de 18 graos. Recoméndase o seu consumo durante sete días consecutivos en xaxún ou en baños para a pel, polo que a moitos usuarios esta problemática represéntalle un gran perxuízo.
En COPE O Carballiño, a petición da nosa audiencia, interesámonos hoxe por esta problemática, e o alcalde Francisco Fumega avanzou nesta emisora de radio a execución inminente dun proxecto para solucionar este problema, que ademáis mellorará a salubridade da propia auga, ao sustituír o depósito de cemento por outro con planchas de alumiño, ademáis de instalar un novo sistema de bombeo manual. Escóitao no audio adxunto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-instalara-un-sistema-de-bombeo-manual-para-rematar-coa-problematica
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-instalara-un-sistema-de-bombeo-manual-para-rematar-coa-problematica
[3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño instalará un sistema de bombeo manual para rematar coa problemática do Bañiño de Arcos, que volveu quedar sen auga outro verán maís. A Deputación financiará o proxecto. http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-instalara-un-sistema-de-bombeo-manual-para-rematar-coa-problematica
[4] https://copecarballino.es/print/63738