Desenrolado por coroa.es
ABANCA e o Concello de Leiro veñen de asinar un convenio de colaboración que materializa o apoio da entidade financiera á XXXII Festa da Vendima, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de agosto. O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, e o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, foron os encargados de asinar o acordo, acompañados polo director da oficina de ABANCA en Leiro, Miguel Madriñán Camba.
Esta colaboración "enmárcase dentro da vontade do banco de contribuir ao desenvolvemento, promoción e difusión da cultura e as tradicións galegas a todos os niveis. De feito, ABANCA é a única entidade patrocinadora de festas de interese turístico en Galicia que conta cun acordo específico para este fin", indican desde a entidade crediticia.
Ademáis, o apoio á Festa da Vendima tamén responde "ao firme compromiso histórico que mantén o banco co sector vitivinícola a través da súa unidade ABANCA Agro, que conta cun amplo equipo de profesionais especializados no sector e unha oferta financeira integral e adaptada ás necesidades específicas que presenta esta actividade económica", remarcan desde ABANCA.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/abanca-colabora-coa-xxxii-festa-da-vendima-do-concello-de-leiro-que-se-celebra-esta-proxima
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/abanca-colabora-coa-xxxii-festa-da-vendima-do-concello-de-leiro-que-se-celebra-esta-proxima
[3] whatsapp://send?text= ABANCA colabora coa XXXII Festa da Vendima do Concello de Leiro, que se celebra esta próxima fin de semana. http://copecarballino.es/novas/abanca-colabora-coa-xxxii-festa-da-vendima-do-concello-de-leiro-que-se-celebra-esta-proxima
[4] https://copecarballino.es/print/63749