Desenrolado por coroa.es
⚠️⚠️ ⚠️⚠️⚠️
COMUNICADO DOS MEMBROS
DO SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS
⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️
O pasado 26 de setembro un novo incendio nun edificio na vila do Carballiño alertaba aos servizos de emerxencia. Por sorte non se lamentaron danos persoais, tan só materiais, pero a situación dos servizos de extinción no concello empeza a supoñer un grave risco para a vida dos cidadáns.
Dende o Grupo municipal de emerxencias do Carballiño debemos aclarar e informar da realidade do acontecido, pois nin o propio Concello a través das súas canles oficiais, nin tampouco os medios de comunicación o fixeron.
En primeiro lugar, a vila do Carballiño conta cun servizo de emerxencias propio, dispoñible exclusivamente para o concello as 24 horas do día os 365 días do ano e composto por persoal profesional e remunerado que atende incidencias tales como incendios, accidentes de tráfico, rescates e outras emerxencias que se produzan no municipio. Este servizo, que existe dende fai décadas é mobilizado polo 112 en tódalas emerxencias, si ben normalmente os medios de comunicación non informan case nunca da súa presencia. O propio concello do Carballiño, en lugar de facelo valer, normalmente trátao de servizo de colaboración ou apoio, cando en realidade é un servizo totalmente operativo.
O último incendio acontecido na Vila revela a importancia de contar cun servizo propio e exclusivo, formado e con medios, para actuar ante calquera emerxencia, pois non falamos dun pequeño pobo, senón de algo máis de 15.000 habitantes. A Deputación provincial de Ourense, creou un consorcio provincial de incendios e salvamento e no 2017 abria no Polígono da Uceira o Parque de bombeiros comarcal Carballiño-Ribeiro. Este parque de bombeiros, pertencente á Deputación, atende nada menos que 23 concellos, en puntos tan distantes como A Peroxa ou Toén, de xeito que non están dispoñibles en exclusiva para o Carballiño, polo que, en caso dun incendio simultáneo en dous dos 23 concellos, un deles quedaría sen cubrir. Ademais, desde fai unhas semanas, os bombeiros de tódolos parques comarcais consorciados, atópanse nunha folga de servizos mínimos que implica que os parques conten con un, dous ou mesmo ningún bombeiro de garda, como aconteceu o pasado sábado.
A alerta de incendio o día 26 producíase nun edificio da rúa Brasil e ata alí desprazouse o único bombeiro de garda do Parque comarcal Carballiño-Ribeiro e dous bombeiros do Grupo municipal de emerxencias do Carballiño, sendo entre os tres, os que conseguiron apagar o lume e que non se lamenten máis danos.
Os membros do Grupo Municipal de Emerxencias, queremos mostrar o noso descontento ante a ocultación da nosa presenza nas emerxencias que se producen no concello e, sobre todo, queremos denunciar a actitude do Concello do Carballiño, que nunha publicación nas súas redes sociais, a parte, de ningunear ao seu propio servizo, clama por melloras no Consorcio provincial e denuncia a situación precaria na que se atopa, cando o seu servizo propio ten as mesmas carencias.
Fai meses que vimos denunciando as deficiencias en material, equipos de protección individual, formación e persoal que temos e o Concello non fixo aínda unha aposta decidida por solventar estas deficiencias, namentres solicitan que se arranxen as dos demais.
Eu como cidadan do concello non me sentiría segura ante tal comunicado!
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/comunicado-do-grupo-municipal-de-emerxencias
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/comunicado-do-grupo-municipal-de-emerxencias
[3] whatsapp://send?text=COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS http://copecarballino.es/denunciacidada/comunicado-do-grupo-municipal-de-emerxencias
[4] https://copecarballino.es/print/63774