Desenrolado por coroa.es
O ALCALDE DO CARBALLIÑO, FRANCISCO FUMEGA, DENUNCIADO NO XULGADO POR UN DELITO DE PREVARICACIÓN
Os veciños afectados polo cerre que invadía o TERREO MUNICIPAL e o da súa propiedade, en Señorín, teñen presentado no xulgado DENUNCIA POR UN DELITO DE PREVARICACIÓN E DEIXAMENTO DE FUNCIÓNS extensible ao delito de TRÁFICO DE INFLUENCIAS contra o ALCALDE DO CARBALLIÑO, FRANCISCO FUMEGA, e calquera outros que aparezan como responsables ao longo das investigacións e actuacións a practicar respecto das súas arbitrarias resolucións ditadas a sabendas da súa ilegalidade que favorecían os intereses do seu entorno familiar a costa dos do Concello e dos privados, vulnerando sistematicamente a lexislación vixente na tramitación do expediente de reposición da legalidade urbanística causándolles con tal motivo indefensión xurídica e importantes danos e prexuízos.
Así, entre outras resolucións adoptadas e para as que estaba inhabilitado, o Alcalde, a pesar de estar afectado por caso de abstención, que impón o Réxime Xurídico do Sector Público pola súa relación familiar co propietario infractor, sabendo que a obra xa estaba executada de antemán de forma ilegal vulnerando a legalidade urbanística e a comisión do delito de apropiación indebida, decidiu RESOLVER concederlle o título habilitante á comunicación previa presentada polo dito familiar e validar os datos inexactos, falsidades e a omisión do feito de que as obras xa estaban executadas.
Ao mesmo tempo, os servizos xurídicos e técnicos do Concello, contradicindo a resolución do Alcalde, a través de ambos informes declaraban a ilegalidade das obras e a obrigatoriedade da reposición da legalidade urbanística e o derribo do citado cerre.
A pesar disto, os responsables municipais adoptaron unha actitude de entorpecemento e de incumprimentos continuados da normativa legal e das súas propias resolucións que levou a intervir por enésima vez á Valedora do Pobo.
Así, caducado por segunda vez o prazo para a resolución expresa do expediente de reposición da ilegalidade urbanística, non teñen constancia do estado do procedemento, nin do expediente de sanción aos responsables da infracción que impón a normativa urbanística, nin da orde de execución forzosa que os responsables municipais están obrigados a aplicar para os casos de desobediencia e incumprimento da orde de demolición dentro do prazo sinalado a través da execución subsidiaria ou da execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.
Os veciños levan reclamado explicacións públicas tanto do Alcalde, Francisco Fumega, como do responsable da tramitación deste expediente de reposición da legalidade urbanística, Manuel Dacal, sobre os motivos dos continuados incumprimentos das súas propias resolucións e a absoluta pasividade para defender os bens municipais fronte ao claro trato de favor dos intereses familiares e en prexuízo de terceiros
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-alcalde-do-carballino-francisco-fumega-denunciado-no-xulgado-por-un-delito-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-alcalde-do-carballino-francisco-fumega-denunciado-no-xulgado-por-un-delito-de
[3] whatsapp://send?text=O ALCALDE DO CARBALLIÑO, FRANCISCO FUMEGA, DENUNCIADO NO XULGADO POR UN DELITO DE PREVARICACIÓN http://copecarballino.es/denunciacidada/o-alcalde-do-carballino-francisco-fumega-denunciado-no-xulgado-por-un-delito-de
[4] https://copecarballino.es/print/63777