Desenrolado por coroa.es
Chegou o verán ao Carballiño con él os abusos de certos establecementos hosteleiros da rúa Principal da nosa vila aos que, por desgraza, nos teñen afeitos durante esta época do ano. O descaro destes hostaleiros parece non ter límites, pois aparte de incrementar, descaradamente, o número de mesas das súas terrazas (excedendo en moito as que solitan á hora de pedir a licenza municipal para instalar as devanditas terrazas) agora estes se adican a incumprir, reiteradamente, o horario de peche e a deixar sen recoller as terrazas cando pechan os seus establecementos deixando, deste xeito, as terrazas postas toda a noite de tal forma que estas terrazas permanecen sen recoller durante as 24 horas do día. Ao dito debemos engadir que estes establecementos incumplen reiteradamente o horario de peche pola noite, xa que algúns pechan a diario ás 2:30 da madrugada, se ben en certas ocasións teñen pechado entre as 3:30 e as 4 da madrugada. ¿Ata cando tendremos que aguantar os veciños do Carballiño estes abusos?. ¿A que esperan o concello do Carballiño e a Policia Local para poñer freo a tanto despropósito?. Se no consistorio non son capaces de rematar con estes atropelos dos que fan gala certos hostaleiros da rúa Principal sería mellor que dimitisen do seu cargo tanto o señor alcalde como o concelleiro ou a concelleira que teña ao seu cargo a responsabilidade da hostelería.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/abusos-da-hosteleria-da-rua-princiapl-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/abusos-da-hosteleria-da-rua-princiapl-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Abusos da hostelería da rúa Princiapl do Carballiño: http://copecarballino.es/denunciacidada/abusos-da-hosteleria-da-rua-princiapl-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/63779