Desenrolado por coroa.es
O Concello de San Amaro acollerá o vindeiro sábado, 2 de setembro, a segunda edición do seu Festival Céltico, que subirá ao máis alto da croa para festexar este día na “Cidá”, para rememorar como vivían os seus antepasados. A presentación deste evento tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación e deputado provincial de Cultura, César Fernández; o alcalde de San Amaro, Fernando Redondo; e Victor Guliás e Darío Rodríguez, en representación do Grupo de Teatro Dar Trela.
O festival, organizado polo Concello de San Amaro, reivindica as raíces dun pobo nun enclave patrimonial de referencia como é o Castro de San Cibrán de Las, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. Trátase dunha iniciativa que aglutina cultura, música e tradición ao redor dun dos enclaves turísticos de maior proxección deste municipio.
A programación desta segunda edición inclúe, ademais do xantar, actuacións musicais a cargo do grupo Gaeloc e o grupo Zurrumalla. Haberá xogos para a rapazada e un espectáculo de danza cerimonial na croa da “Cidá”, coa actuación de Dar Trela Teatro e Percusión Ancestral. Así mesmo, a programación contempla a recreación histórica das asociacións Tir Na Og e Terra Cópora.
Máis información: https://sites.google.com/view/festagalaica/horarios-e-programa [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/musica-gastronomia-recreacions-historicas-e-tradicion-no-2o-festival-celtico-de-san-amaro-este
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/musica-gastronomia-recreacions-historicas-e-tradicion-no-2o-festival-celtico-de-san-amaro-este
[3] whatsapp://send?text=Música, gastronomía, recreacións históricas e tradición no
[4] https://copecarballino.es/print/63784
[5] https://sites.google.com/view/festagalaica/horarios-e-programa