Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo

4, Setembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-esta-semana-novos-traballos-de-limpeza-na-estrada-autonomica-ou-902-ao-paso-polos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-esta-semana-novos-traballos-de-limpeza-na-estrada-autonomica-ou-902-ao-paso-polos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-esta-semana-novos-traballos-de-limpeza-na-estrada-autonomica-ou-902-ao-paso-polos [3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-esta-semana-novos-traballos-de-limpeza-na-estrada-autonomica-ou-902-ao-paso-polos [4] https://copecarballino.es/print/63813