Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Irixo acolle unha reunión de traballo da asociación "Camiño de Nos". O próximo dia 21 deste mes de outubro terá lugar a 3ª Andaina entre O Carballiño e O Irixo.

6, Outubro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A casa do concello do Irixo acolleu a IV reunión da Asociación de Concellos Camiño de Nós.

Asistiron alcaldes e representantes de dez municipios das provincias dr Ourense, Pontevedra e A Coruña polos que atravesa a ruta seguida, en xullo de1926, por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, desde Ourense a Compostela.

A presidenta e anfitriona da Asociación que reivindica este itinerario cultural é Susana Iglesias, alcaldesa do Irixo, vicepresidente José Manuel Iglesias, alcalde de Maside e o secretario Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra.

O próximo 21 de outubro, sábado, ás 10,00 hs terá lugar a III Andaina Camiño de Nós, co traxecto O Carballiño-Irixo, organizada pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinada polos Concellos do Carballiño e O Irixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-irixo-acolle-unha-reunion-de-traballo-da-asociacion-camino-de-nos-o-proximo-dia-21-deste-mes

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-acolle-unha-reunion-de-traballo-da-asociacion-camino-de-nos-o-proximo-dia-21-deste-mes [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-acolle-unha-reunion-de-traballo-da-asociacion-camino-de-nos-o-proximo-dia-21-deste-mes [3] whatsapp://send?text=O Irixo acolle unha reunión de traballo da asociación [4] https://copecarballino.es/print/63972