Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta autoriza o convenio de 1,5 millóns de euros co Xeodestino O Carballiño-Ribeiro para impulsar o plan de sustentabilidade turística en destino

8, Outubro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Consello da Xunta ven de autorizar na súa reunión desta semana a subscrición dun convenio de colaboración coa asociación O Carballiño-O Ribeiro para a posta en marcha do Plan de sustentabilidade turística en destino por valor de 1,5 M€ nos 21 concellos que conforman parte do xeodestino que xestionan.

Incluirá medidas como a posta en marcha de ferramentas de dixitalización, realidade aumentada e posta en valor dos produtos gastronómicos locais a través de rutas temáticas, entre outras. En concreto, o plan beneficiará os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrende e Pontedeva.

Entre outras medidas prevese un plan de ruta ata 2025, que incluirá a mellora da xestión turística deste destino coa restauración paisaxística dos produtos e servizos turísticos, elaboración dun inventario do patrimonio material e inmaterial enogastronómico ou a creación dun menú especial con produtos km 0 da zona. Tamén se prevé, entre outras accións, implantar medidas de realidade aumentada para coñecer a tradición enogastronómica do territorio ou a apertura dun centro de enogastronomía.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-o-convenio-de-15-millons-de-euros-co-xeodestino-o-carballino-ribeiro-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-o-convenio-de-15-millons-de-euros-co-xeodestino-o-carballino-ribeiro-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-o-convenio-de-15-millons-de-euros-co-xeodestino-o-carballino-ribeiro-para [3] whatsapp://send?text=A Xunta autoriza o convenio de 1,5 millóns de euros co Xeodestino O Carballiño-Ribeiro para impulsar o plan de sustentabilidade turística en destino http://copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-o-convenio-de-15-millons-de-euros-co-xeodestino-o-carballino-ribeiro-para [4] https://copecarballino.es/print/63982