Desenrolado por coroa.es
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Entidade Local Menor de Berán, Avelino Carballal, acompañado polos vogais Tomás Lorenzo Fariña e José Aquilino Álvarez, no marco dos contactos que o titular do Goberno provincial ven mantendo cos representantes das entidades locais ourensáns.
No encontro, Luis Menor informou ao presidente de Berán dos detalles do novo modelo de financiamento da Deputación, o Plan CooperOU, que reserva preto de 51.000 euros para a única entidade local menor existente na provincia, seguindo así os criterios homoxéneos previstos neste plan para todos os concellos: unha parte fixa segundo o número de habitantes, e outra variable en función da poboación, núcleos, envellecemento e superficie.
As entidades locais menores teñen, desde o punto de vista legal, un ámbito territorial inferior ao dos concellos, dispoñen de personalidade xurídica propia e teñen competencias na xestión dos seus bens e servizos e execución de obras.
Berán, cuxo territorio está incluído no concello de Leiro, ten como representantes, ademais do presidente, a dous vogais, celebrando os seus plenos cada dous meses.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-novo-modelo-de-financiamento-da-deputacion-reserva-case-51000-euros-entidade-local-menor-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-novo-modelo-de-financiamento-da-deputacion-reserva-case-51000-euros-entidade-local-menor-de
[3] whatsapp://send?text=O novo modelo de financiamento da Deputación reserva case 51.000 euros á Entidade Local Menor de Berán http://copecarballino.es/novas/o-novo-modelo-de-financiamento-da-deputacion-reserva-case-51000-euros-entidade-local-menor-de
[4] https://copecarballino.es/print/64119