Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos do Irixo, Beariz, Boborás e San Amaro celebran sesións de contacontos organizadas pola Mancomunidade de Concellos, para conmemorar o 25-N

18, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Servicio de Educación e Apoio Familiar da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño informa da posta en marcha da quinta edición do Contacontos Familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres ), e que terá lugar o vindeiro fin de semana.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación dun contacontos da man de Erica González e David Castro: El mismo zapato; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Servizo de Educación e Apoio Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar. A programación dos contacontos levarase a cabo no mes de novembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación:

O Irixo: SALÓN MULTIUSOS DO CONCELLO, Sábado 25 de novembro, ás 16:30H

San Amaro: C.E.I.P EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA,Sábado 25 de novembro, ás 18:30H

Beariz: CENTRO SOCIAL A FORXA (ANTIGA REITORAL)Domingo 26 de novembro, ás 16:30H

Boborás: CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL CHAMOSO LAMAS,Domingo 26 de novembro, ás 18:30H

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/os-concellos-do-irixo-beariz-boboras-e-san-amaro-celebran-sesions-de-contacontos-organizadas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-do-irixo-beariz-boboras-e-san-amaro-celebran-sesions-de-contacontos-organizadas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-do-irixo-beariz-boboras-e-san-amaro-celebran-sesions-de-contacontos-organizadas [3] whatsapp://send?text=Os concellos do Irixo, Beariz, Boborás e San Amaro celebran sesións de contacontos organizadas pola Mancomunidade de Concellos, para conmemorar o 25-N http://copecarballino.es/novas/os-concellos-do-irixo-beariz-boboras-e-san-amaro-celebran-sesions-de-contacontos-organizadas [4] https://copecarballino.es/print/64170