Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > San Amaro reivindícase como Ribeiro na 2ª Festa do Viño, que constituíu un éxito de organización e afluencia de público.

19, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un numeroso grupo de colleiteiros das parroquias de Eiras, San Fiz, Beariz e Anllo, dentro da zona vitivinícola ribeirán do concello de San Amaro ofreceron os seus viños, que os asistentes a esta 2ª Festa do Viño e magosto poideron degustar acompañados de panceta asada e castañas.

Entre os asistentes, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que participou na inauguración desta II Festa do Viño de San Amaro, antes de que tomase a palabra como pregoeiro a Xosé Lois " O Carrabouxo", O presidente provincial, acompañado polo alcalde, Fernando Redondo, felicitou á veciñanza e ao propio equipo de goberno por recuperar unha arraigada tradición de vello como eran as festas organizadas para probar o viño novo, á que se sumou nesta ocasión un magosto popular.

A recadación do evento, descontados os gastos de organización, será destinada por parte do concello de San Amaro á comunidade educativa do colexio de San Amaro, para axudar a financiar actividades escolares.

A celebración desta 2ª Festa do Viño de San Amaro foi motivo para que colleiteiros e o propio alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, recordase que "San Amaro é Ribeiro e quere máis Ribeiro", unha mensaxe directa á Denominación de Orixe Ribeiro, na que reivindican integrarse.

Da animación musical encargouse a discotéca A Gramola no que foi a fin de festa, antes oa asistentes escoitaran e aplaudiran a actuación do cantante galego Antonio Barros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/san-amaro-reivindicase-como-ribeiro-na-2a-festa-do-vino-que-constituiu-un-exito-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-reivindicase-como-ribeiro-na-2a-festa-do-vino-que-constituiu-un-exito-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-reivindicase-como-ribeiro-na-2a-festa-do-vino-que-constituiu-un-exito-de [3] whatsapp://send?text=San Amaro reivindícase como Ribeiro na 2ª Festa do Viño, que constituíu un éxito de organización e afluencia de público. http://copecarballino.es/novas/san-amaro-reivindicase-como-ribeiro-na-2a-festa-do-vino-que-constituiu-un-exito-de [4] https://copecarballino.es/print/64172