Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A conselleira Lorenzana e o alcalde de Beariz avalían novas medidas conxuntas para a dinamización económica do municipio

21, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde de Beariz, Manuel Prado, co obxectivo de avaliar novas medidas conxuntas para a dinamización económica e empresarial deste municipio da comarca do Carballiño.

No encontro, no que o alcalde puxo de manifesto o seu interese por mellorar a competitividade das infraestruturas industriais do municipio, María Jesús Lorenzana informouno sobre as principais liñas de actuación para o vindeiro ano, en eidos como a simplificación administrativa, o financiamento empresarial, a internacionalización, a enerxía e a innovación.

A responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego lembrou o compromiso da Xunta con converter Galicia nun referente na captación de investimentos e de proxectos empresariais, e neste sentido salientou que se vai activar a Oficina Económica de Galicia, , unha canle única encamiñada a reducir a burocracia e que será punto de contacto de información e entrada para as iniciativas empresariais e proxectos industriais. Tamén adiantou a posta en marcha dunha nova estratexia de política industrial, cun plan de aceleración de proxectos e a elaboración de plans directores por sectores.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/conselleira-lorenzana-e-o-alcalde-de-beariz-avalian-novas-medidas-conxuntas-para-dinamizacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-lorenzana-e-o-alcalde-de-beariz-avalian-novas-medidas-conxuntas-para-dinamizacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-lorenzana-e-o-alcalde-de-beariz-avalian-novas-medidas-conxuntas-para-dinamizacion [3] whatsapp://send?text=A conselleira Lorenzana e o alcalde de Beariz avalían novas medidas conxuntas para a dinamización económica do municipio http://copecarballino.es/novas/conselleira-lorenzana-e-o-alcalde-de-beariz-avalian-novas-medidas-conxuntas-para-dinamizacion [4] https://copecarballino.es/print/64189