Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O concello de San Cristovo de Cea e Medio Rural animan á veciñanza das parroquias de Lamas e Longos á execución de proxectos que impulsen a recuperación da terra agraria

3, Decembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, mantivo este domingo un encontro coa veciñanza das parroquias de Lamas e Longos.

A reunión levouse a cabo no centro multifuncional de Cea, con numeorsa concurrencia de veciños das dúas parroquias que estaban convocadas polo concello de San Cristovo de Cea. O obxectivo deste encontro foi afondar nas vantaxes da Lei de recuperación da terra agraria e das ferramentas que nela se recollen.

O conselleiro remarcou a importancia desta medida para potenciar a actividade económica e social no rural, especialmente nos terreos que se atopan en situación de abandono e infrautilización, así como dos núcleos que se inclúen neles.

En definitiva, sinalou, o fin destas ferramentas como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario, é impedir ou reverter o abandono do rural ao mesmo tempo que protexen o medio ambiente, creando emprego e apoiando á prevención e defensa fronte aos incendios forestais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concello-de-san-cristovo-de-cea-e-medio-rural-animan-vecinanza-das-parroquias-de-lamas-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-san-cristovo-de-cea-e-medio-rural-animan-vecinanza-das-parroquias-de-lamas-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-san-cristovo-de-cea-e-medio-rural-animan-vecinanza-das-parroquias-de-lamas-e [3] whatsapp://send?text=O concello de San Cristovo de Cea e Medio Rural animan á veciñanza das parroquias de Lamas e Longos á execución de proxectos que impulsen a recuperación da terra agraria http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-san-cristovo-de-cea-e-medio-rural-animan-vecinanza-das-parroquias-de-lamas-e [4] https://copecarballino.es/print/64261