Desenrolado por coroa.es
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, ven de recibir no Pazo Provincial á alcaldesa de O Irixo, Susana Iglesias, para coñecer en primeira persoa as principais demandas deste municipio. No encontro, Luis Menor presentoulle o novo plan de cooperación da institución provincial a través do cal o Concello de O Irixo recibirá un orzamento de máis de 200.000 euros anuais que lle "permitirá acometer moitos dos proxectos pendentes", salientou o presidente provincial.
Na xuntanza tamén se acordou que a Deputación colaborará co Concello de O Irixo na adquisición dun novo inmoble ao carón da Casa Consistorial para mellorar os servizos, así como coa Banda de Gaitas de O Irixo, unha das actividades culturais máis senlleiras da zona.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-comprometese-colaborar-co-concello-do-irixo-para-adquision-dun-inmoble-e-coa-banda
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-comprometese-colaborar-co-concello-do-irixo-para-adquision-dun-inmoble-e-coa-banda
[3] whatsapp://send?text=A Deputación comprométese a colaborar co concello do Irixo para a adquisión dun inmoble e coa Banda de Gaitas, tras reunirse Luis Menor coa alcaldesa Susana Iglesias. http://copecarballino.es/novas/deputacion-comprometese-colaborar-co-concello-do-irixo-para-adquision-dun-inmoble-e-coa-banda
[4] https://copecarballino.es/print/64397