Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Gabriel Alén recoñece o valor do asociacionismo e pon como exemplo á Asociación de Veciños da Touza

9, Xaneiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou a membros da Asociación de Veciños da Touza, en Maside. Da man do alcalde de Maside José Manuel Iglesias e a unha boa representación dos veciños involucrados, Gabriel Alén percorreu as dependencias do local social.

O delegado territorial destacou o labor desenvolvido polo asociacionismo local a prol da dinamización da vida social e incidiu na necesidade de que as asociacións veciñais, así como as asociacións de mulleres rurais e as comunidades de usuarios de augas coas que colabora a Xunta conten con espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades.

Gabriel Alén, referiuse á importancia de que as administracións apoien estes colectivos co obxectivo de mellorar a calidade de vida no eido local ao tempo que se contribúe a consolidar o movemento veciñal. Por iso, animou aos veciños a seguir concorrendo a esta orde de axudas, a piques de saír na edición de 2024.

Por último, o delegado territorial da Xunta recoñeceu o mérito de todos os veciños e veciñas que se involucran nos grupos directivos deste tipo de asociacións; “é un traballo voluntario que require dunha gran implicación e que se leva a cabo coa única motivación de facer un ben á súa veciñanza. Creo que é algo de admirar e agradecer”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/gabriel-alen-reconece-o-valor-do-asociacionismo-e-pon-como-exemplo-asociacion-de-vecinos-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/gabriel-alen-reconece-o-valor-do-asociacionismo-e-pon-como-exemplo-asociacion-de-vecinos-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/gabriel-alen-reconece-o-valor-do-asociacionismo-e-pon-como-exemplo-asociacion-de-vecinos-da [3] whatsapp://send?text=Gabriel Alén recoñece o valor do asociacionismo e pon como exemplo á Asociación de Veciños da Touza http://copecarballino.es/novas/gabriel-alen-reconece-o-valor-do-asociacionismo-e-pon-como-exemplo-asociacion-de-vecinos-da [4] https://copecarballino.es/print/64402