Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O concello xa encargou un anteproxecto do que sería o novo estadio do Carballiño, na zona próxima ao campo de fútbol da Uceira. Escoita aquí a entrevista ao alcalde Fumega.

23, Xaneiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello do Carballiño xa encargou a un equipo de arquitectos a elaboración dun anteproxecto do que sería o futuro estadio de fútbol, e como punto de partida para poder contar tanto co proxecto técnico da obra como dunha avaliación económica e asi xestionar coas disntintas administracións o orzamento necesario para a súa contrucción, que según o alcalde Fumega estaría entre os oito e os dez millóns de euros.

O rexedor municipal tamén avanzou que xa iniciou negociacións coa Deputación para que a entidade provincial ceda a parcela coa que conta na zona próxima ao actúal campo de fútbol da Uceira, que xunto a outros terreos públicos nesta mesma contorna, suman os 14.000 m2 que se precisan para albergar este proxecto.

Fumega tamén dixo que o aforo do futuro estadio estará pensado para acoller a máis de catro mil espectadores sentados e con graderío perimetral todo cuberto. De feito, o Club Deportivo Arenteiro, ao que desde o concello lle pediron as necesidades e requisitos da entidade federativa para acoller partidos de fútbol na categoria na que na actualidade milita o club, trasladou ao concello a recomendacion de estadios como o "Toralín" de Ponferrada (na foto) , como exemplo das condicións que debe reunir o futuro estadio carballiñés.

No audio adxunto podes escoitar a intervención do alcalde Fumega en COPE O Carballiño, referindose a este proxecto e tamén contestando a outras preguntas, queixas e suxerencias dos e das ointes desta emisora de radio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concello-xa-encargou-un-anteproxecto-do-que-seria-o-novo-estadio-do-carballino-na-zona

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-xa-encargou-un-anteproxecto-do-que-seria-o-novo-estadio-do-carballino-na-zona [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-xa-encargou-un-anteproxecto-do-que-seria-o-novo-estadio-do-carballino-na-zona [3] whatsapp://send?text=O concello xa encargou un anteproxecto do que sería o novo estadio do Carballiño, na zona próxima ao campo de fútbol da Uceira. Escoita aquí a entrevista ao alcalde Fumega. http://copecarballino.es/novas/o-concello-xa-encargou-un-anteproxecto-do-que-seria-o-novo-estadio-do-carballino-na-zona [4] https://copecarballino.es/print/64474