Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Deputación e Xunta analizan o traballo de cooperación cos concellos para a xestión do ciclo da auga

29, Xaneiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, mantivo hoxe un encontro de traballo no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para analizar as liñas de axudas aos concellos para a xestión do ciclo da auga. No encontro tamén participaron a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas en Ourense, Pilar Fernández, o director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe; e o director técnico de AquaOurense, Víctor Comesaña, empresa mixta formada por Deputación e Viaqua.

A vicepresidenta primeira da Deputación destacou a importancia dunha reunión na que se abordaron as axudas aos concellos para coñecer as perdas de auga que teñen na súa rede e tamén para colaborar na súa mellora.

Na reunión, a conselleira de Infraestruturas informou que a Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe (DOG) dúas convocatorias de axudas por máis de un millón de euros destinadas a realizar auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións cun importe total de 300.000 euros, e outra liña de axudas para a execución de obras que minimicen as perdas de auga en entidades locais de Galicia cun investimento global de 737.606 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/deputacion-e-xunta-analizan-o-traballo-de-cooperacion-cos-concellos-para-xestion-do-ciclo-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-xunta-analizan-o-traballo-de-cooperacion-cos-concellos-para-xestion-do-ciclo-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-xunta-analizan-o-traballo-de-cooperacion-cos-concellos-para-xestion-do-ciclo-da [3] whatsapp://send?text=Deputación e Xunta analizan o traballo de cooperación cos concellos para a xestión do ciclo da auga http://copecarballino.es/novas/deputacion-e-xunta-analizan-o-traballo-de-cooperacion-cos-concellos-para-xestion-do-ciclo-da [4] https://copecarballino.es/print/64503