Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Festival de Maxia con talleres e 3 grandes espectáculos, jazz con Alfonso Medela e Trio, cine e ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", na axenda desta fin de semana.

2, Febreiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os Magos do Ribeiro, Chaves-Portugal e do Círculo Auriense xúntanse no Carballiño esta fin de semana para conmemorar a festvidade de S. Xoán Bosco, o patrón da maxia cun gran festival que incluirá talleres de maxia para nenos e nenas de 6 a 12 anos e de iniciación á cartomaxia para maiores, o sábado dia 3 a partir das 4 da tarde en adiante no Hotel-Restaurante O Xardín.

Ademáis, 3 grandes espectáculos: Infantil cos magos Fernando Moreno, Cris e Deime o sábado 3 ás 18:30 h. no Café-Bar Estatequieto. Ás 12 da noite do sábado, no Café-Bar O Caserio, cos magos Ninou, Guto e José Rivera. E finalmente, o domingo dia 4 ás 17:00 horas no Hotel-Restaurante O Xardín, cos magos David Méndez e Camilo Vázquez.  Todos eles gratuítos.

Alfonso Medela e Trio regresa á noite carballiñesa dos sábados, e faino coma sempre a ritmo de jazz ás 23:00 h. na Cafetería-Cerveixería Fass.

O Novocine de Leiro estrea "ARGYLLE", a película que proxecta sábado e domingo en pases ás 17:00 e 20:00 horas.

A empresa Rutea organiza a ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", con saída ás 10:30 horas do domingo desde o bar Barqueiro de Avión, e con finalización ás 16:00 horas e despóis de facer un percorrido de 14,5 kilómetros de dificultade media. O prezo da inscripción é de 12 euros a través de contacto@rutea.es [5] e no teléfono 636085133

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/festival-de-maxia-con-talleres-e-3-grandes-espectaculos-jazz-con-alfonso-medela-e-trio-cine-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festival-de-maxia-con-talleres-e-3-grandes-espectaculos-jazz-con-alfonso-medela-e-trio-cine-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festival-de-maxia-con-talleres-e-3-grandes-espectaculos-jazz-con-alfonso-medela-e-trio-cine-e [3] whatsapp://send?text=Festival de Maxia con talleres e 3 grandes espectáculos, jazz con Alfonso Medela e Trio, cine e ruta de sendeirismo [4] https://copecarballino.es/print/64524 [5] mailto:contacto@rutea.es