Desenrolado por coroa.es
Non lle dedes mais voltas. O solar ou parcela idóneo para o futuro centro de saude do Carballiño xa está pillado e era onde agora están o novo mercadona e os esqueletos eses abandonados. Unha gran extensión total a ceo aberto de mais de 10.000 metros cadrados para o centro de saude, o PAC, os aparcamentos e incluso para as ambulancias e o helipuerto se quisexen ter todo xunto. Terreos que eran de veciños do Carballiño que se cederon gratis a RENFE e que despois da sua desafectación do uso ferroviario en vez de voltar para o ben común do conxunto dos carballiñeses foron vendidos a mans privadas como consecuencia da especulación urbanística pura e dura. Os intereses privados prevaleceron sobre os públicos. Logo pasa o que pasa. Que cando nos fan falta terreos para un proxecto importante para O Carballiño atopamonos con que non hai. Así nos vai.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/deixade-de-darlle-voltas-ao-futuro-centro-de-saude
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/deixade-de-darlle-voltas-ao-futuro-centro-de-saude
[3] whatsapp://send?text=Deixade de darlle voltas ao futuro centro de saude http://copecarballino.es/denunciacidada/deixade-de-darlle-voltas-ao-futuro-centro-de-saude
[4] https://copecarballino.es/print/64551