Desenrolado por coroa.es
Con respecto o que ben se vé coido que hai que buscarse a vida, buscar negocio pero non creo que todo fin xustifique os medios. E digo eu,...hai tanta necesidade que leve a ter que vender neste caso "gominolas" no último estante dunha máquina con productos de tan variada índole como: vibradores, succionadores e aneis masturbadores, bragas comestibles, aceite sexuais, filtros ou bebidas "enerxéticas",...Coido sinceramente que NON . Eso sí podemos quedar máis tranquilos sabendo que a cervexa e 0,0 alcol.
Outro detalle , xa non sei si,... con ou sin importancia é que está ubicada aquí Carballiño, subindo a praza "das monxas", zona de paso tanto dos nenos-as que van o colexio sito na mesma como doutros moitos. Eso sí igual son mañl pensada e en realidade a máquina pide o D.N.I. antes da moeda.
Non sei, sólo sei que xa non sei nada! Últimamente todo se me fai costoso e difícil de procesar. Será que con cuarenta e pico anos xa estou moi pero que moi"fóra de onda".
Que conste que ben sei que hoxe todo está a fácil acceso de todos, que os rapaces van sobrados, pero,...bueno,….seguramente o único problema sexa que ¡estou maior!
Se alguén pensa igual ca min e pode facer algo ó respecto, xenial e senón pois nada, paso palabra!
YOLANDA
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/maquina-na-praza-do-colexio-das-monxas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/maquina-na-praza-do-colexio-das-monxas
[3] whatsapp://send?text=Máquina na Praza do Colexio das Monxas http://copecarballino.es/denunciacidada/maquina-na-praza-do-colexio-das-monxas
[4] https://copecarballino.es/print/64622