Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta oferta seis vivendas protexidas de promoción privada na Avenida de Compostela do Carballiño. Teñen un prezo de venda entre os 62.300 e os 70.000 euros.

19, Marzo 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Instituto Galego da Vivenda e o Solo inicia o procedemento de adxudicación de seis vivendas protexidas de promoción privada no Carballiño, promovidas por Construcciones Joenfe S.L., baixo a modalidade de compravenda.

Para optar a estas vivendas é necesario estar inscrito e anotado na data da resolución de inicio do procedemento, no Rexistro ünco de Demandantes de Vivenda, no municipio do Carballiño. O modelo das solicitudes e información que se precise poden obterse na Área Provincial do IGVS, na rúa Sáenz Díez nº 1 de Ourense.

Das seis vivendas que se ofertan, cinco delas localízanse no número 147 da Avenida de Compostela do Carballiño, cunha superficie entre 46,60 e 81,79 m2 útiles, con garaxe e rocho incluidos, e unhos prezos que oscilan entre os 62.300 e os 68.400 euros. A outra vivenda localízase no número 115 desta mesma Avenida de Compostela, dunha superficie de 79,52 m2 útiles e un prezo de 70.000 euros.

O prazo de pesentación de solicitudes é de quince dias hábiles a contar desde a derradeira publicación deste anuncio por parte do IGVS.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-oferta-seis-vivendas-protexidas-de-promocion-privada-na-avenida-de-compostela-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-oferta-seis-vivendas-protexidas-de-promocion-privada-na-avenida-de-compostela-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-oferta-seis-vivendas-protexidas-de-promocion-privada-na-avenida-de-compostela-do [3] whatsapp://send?text=A Xunta oferta seis vivendas protexidas de promoción privada na Avenida de Compostela do Carballiño. Teñen un prezo de venda entre os 62.300 e os 70.000 euros. http://copecarballino.es/novas/xunta-oferta-seis-vivendas-protexidas-de-promocion-privada-na-avenida-de-compostela-do [4] https://copecarballino.es/print/64750