Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A deputada provincial Patricia Torres presenta a iniciativa "A Deputación Escoita" no IES Chamoso Lamas do Carballiño.

20, Marzo 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A deputada provincial de Políticas Sociais e alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, deu a coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no IES Chamoso Lamas do Carballiño, os detalles da iniciativa "A Deputación Escoita", pensada como canle directa de participación da xente nova coa administración provincial.

Afirmou que para o goberno provincial é "importante a vosa achega para deseñar políticas para a mocidade". A primeira edición do certame "A Deputación Escoita" está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto "A Deputación Escoita", e a titulada "un futuro para Ourense", consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/deputada-provincial-patricia-torres-presenta-iniciativa-deputacion-escoita-no-ies-chamoso

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputada-provincial-patricia-torres-presenta-iniciativa-deputacion-escoita-no-ies-chamoso [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputada-provincial-patricia-torres-presenta-iniciativa-deputacion-escoita-no-ies-chamoso [3] whatsapp://send?text=A deputada provincial Patricia Torres presenta a iniciativa [4] https://copecarballino.es/print/64752