Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Galicia salienta o compromiso do Concello de Beariz coa protección da paisaxe e o fermosismo, tal e como lle trasladou o director do Instituto de Estados do Territorio (IET), Enrique de Salvador, co alcalde da localidade, Manuel Prado.
No encontro avaliaron as obras que o Concello levou a cabo ao abeiro da convocatoria de axudas do ano 2023 para a corrección de impactos paisaxísticos. En concreto, recibiu dúas subvencións, por un importe total de 14.200 euros, que se destinaron á mellora dun depósito de auga e dun muro de peche perimetral na travesía de San Pedro.
Nesa liña, o rexedor trasladoulle ao director do IET o interese municipal por continuar con estes traballos a prol da mellora paisaxística do concello. De feito, comunicoulle que xa ten previstas dúas novas actuacións, cun orzamento inicial estimado de 23.500 euros: unha na fonte da Figueira, na Bouza, e outra na fonte-lavadoiro da Cavada, en Doade.
A maiores, no encontro Enrique de Salvador puxo en valor o proxecto do Concello para inventariar os muíños que hai no termo municipal e proceder á súa restauración como elementos fundamentais do patrimonio etnográfico da contorna.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-salienta-o-compromiso-do-concello-de-beariz-coa-proteccion-da-paisaxe-e-o-fermosismo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-salienta-o-compromiso-do-concello-de-beariz-coa-proteccion-da-paisaxe-e-o-fermosismo
[3] whatsapp://send?text=A Xunta salienta o compromiso do concello de Beariz coa protección da paisaxe e o ‘fermosismo’ http://copecarballino.es/novas/xunta-salienta-o-compromiso-do-concello-de-beariz-coa-proteccion-da-paisaxe-e-o-fermosismo
[4] https://copecarballino.es/print/65900