Desenrolado por coroa.es
O pleno extraordinario da corporación do Irixo celebrado esta mañá solicitado a instancias do Partido Popular desenvolveuse sen sorpresa, e a alcaldesa Susana Iglesias rexeitou someterse a unha cuestión de confianza.
A corporación solicitoullo por maioriía, tras contabilizarse 5 votos a favor (4 do PP e 1 do concelleiro Juan Manuel Villanueva) e 2 abstencións do grupo socialista, que está integrado no goberno municipal con Xuntos polo Irixo. Polo que os únicos votos en contra foron o da propia alcaldesa e a concelleira Tamara Civeira.
O portavoz popular ofrece "unha segunda oportunidade á alcaldesa para a aprobación dos orzamentos", aínda que Manuel Cerdeira advirte que "de agora en adiante, o vitimismo xa non ten sentido".
Escóitaoo no PODCAST de COPE O Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-evita-someterse-cuestion-de-confianza-que-emplazou-corporacion-e-o-pp
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-evita-someterse-cuestion-de-confianza-que-emplazou-corporacion-e-o-pp
[3] whatsapp://send?text=A alcaldesa do Irixo evita someterse á cuestión de confianza á que a emplazou a corporación e O PP ofrécelle
[4] https://copecarballino.es/print/66341