Desenrolado por coroa.es
Este domingo 14 de xullo de 2024, organizado por Roteiros de O Carballiño e Roteiros de Lalín, levouse a cabo a terceira etapa do Camiño a Santiago da Xeración Nós entre O Carballiño e O Irixo de 17 quilómetros.
A xornada partiu de Igrexa da Veracruz do Carballiño, cruzando o río Arenteiro pola ponte da Veiga,e continuand por Madarnás, A Esgueva, a Ínsua dos Poetas e xa no Concello do Irixo pasando por Coucieiro, a Capela da Pena da Sela, a Igrexa de Dadín, entrando no Irixo por As Laxas,con final de etapa no lugar da Ponte.
Corenta persoas participaron na actividade, que ademáis ao remate asistiron á festa gastronómica do Camiño Nós organizada polo Concello do Irixo, con desgustación de ovos con prebe e carne ó caldeiro que foi o menú que xantaron en 1926 Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sanchez e Monxardín na "Casa do Zapateiro" no Irixo.
A seguinte etapa será no mes de setembro entre O Irixo e Vilatuxe, con final no campo da feira dos Carballiños.
Desde a organización móstranse "encantados do resultado excelente que estamos obtendo facendo este Camiño a Santiago da Xeración Nós que ten moito que ofrecer".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/roteiros-completa-terceira-etapa-do-camino-de-nos-entre-o-carballino-e-o-irixo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/roteiros-completa-terceira-etapa-do-camino-de-nos-entre-o-carballino-e-o-irixo
[3] whatsapp://send?text=
[4] https://copecarballino.es/print/66410