Desenrolado por coroa.es
Suma e segue na relación de accidentes de tráfico con feridos que rexistra a estrada N-541, e máis en concreto ao seu paso pola comarca do Carballiño, o último, na tarde deste lúns e co resultado dunha persoa morta, un home de 67 anos de idade e con vecñanza na cidade de Ponferrada.
O accidente mortal tivo lugar no cruce desta estrada que da acceso á vila de Beariz, nas inmediacións do lugar de A Hermida, a vitima pilotaba unha moto e chocou contra un vehículo.
A persoa que deu aviso ao 112 informaba que o motorista estaba tendido na calzada e precisaba atención urxente, polo que de contado mobilizouse unha dotación do 061 Urxencias Sanitarias e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero pouco despóis confirmaron a morte da vítima.
Trátase do segundo accidente de gravidade nesta primeira quincena de xullo nesta estrada N-541, mentres os alcaldes e alcaldesas do Pacto de Pedre continúan reivindicando un plan para mellorar a seguridade nesta estrada, unha das máis perigosas pola súa alta sinistralidade en toda a rede viaria española, pero o Goberno continúa facendo oídos xordos a esta demanda tan xustificada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-motorista-morto-en-accidente-de-trafico-na-n-541-no-cruce-de-acceso-beariz-o-goberno
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-motorista-morto-en-accidente-de-trafico-na-n-541-no-cruce-de-acceso-beariz-o-goberno
[3] whatsapp://send?text=Un motorista morto en accidente de tráfico na N-541, no cruce de acceso a Beariz. O Goberno continúa sen previsións para mellorar a seguridade nesta estrada. http://copecarballino.es/novas/un-motorista-morto-en-accidente-de-trafico-na-n-541-no-cruce-de-acceso-beariz-o-goberno
[4] https://copecarballino.es/print/66423