Desenrolado por coroa.es
O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo deu a coñecer o proxecto de ampliación do Centro Hípico, que terá o apoio da Xunta e unha inversión que pasa dos 400.000 euros.
Neste Centro Hípico ten a súa sede a Escola de Equinoterapia de San Amaro, e no que nenos e persoas maiores con necesidades especiais reciben esta terapia, de todo elo falamos coas monitoras Marta e Sonia.
Divulgamos o San Amaro veraniego e festivo, con Cristina coñecimos a programación da Festa da Cabra de Anllo para o próximo mércores dia 24 deste mes de xullo, e con Victor Gulias de "Dar Trela Teatro" avanzamos o que será a gran festa castrexa no castro da Cidade a celebrar o domingo 1 de setembro, e que terá a súa previa o sábado 31 de agosto coa terceira edición do Festival Celta de San Amaro, no que actuarán as agrupacións Zurrumalla e Leira Buxo.
No PODCAST podes escoitar este programa especial dos venres de verán, dedicado ao concello de San Amaro, que foi emitido este venres dia 19 de xullo de 2024.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-proxecto-de-centro-hipico-e-escola-de-equinoterapia-festa-castrexa-e-o-festival-celta-no
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-proxecto-de-centro-hipico-e-escola-de-equinoterapia-festa-castrexa-e-o-festival-celta-no
[3] whatsapp://send?text=O proxecto de Centro Hípico e Escola de Equinoterapia, a Festa Castrexa e o Festival Celta, no programa especial dedicado ao concello de San Amaro. Escóitao aquí. http://copecarballino.es/novas/o-proxecto-de-centro-hipico-e-escola-de-equinoterapia-festa-castrexa-e-o-festival-celta-no
[4] https://copecarballino.es/print/66488