Desenrolado por coroa.es
Este pasado domingo durante a celebración da Festa do Pulpo asistimos a novos abusos de certos estabelecementos de hostalaría. Vendo estes hostaleiros que podía facer negocio durante esta festa gastronómica non dubidaron en incrementar, descaradamente, o número de mesas das súas terrazas máis alá do que lle concede a licenza municipal ata tal punto que na zona dos soportais, enfronte da Praza Maior, chegou haber á tardiña, nada menos, que triple fila de terrazas!!!: unha nos soportais, unha segunda diante destes e unha terceira diante da anterior.
Comprendo que a hostalería é un negocio e que no verán e cando poder facer o agosto, pero o que pasou este domingo é un claro abuso e unha violación flagrante das ordeanzas municipais que regulan a concesión das terrazas dos estabelecementos hostaleiros. Se un bar ou unha cafetería pide unha licenza para instalar un número determinado de mesas o que non pode facer é incrementar ata o infinito e máis alá o número de mesas que lle concede a licenza municipal. Unha cousa é que ante a demanda de clientes se coloquen un par de mesas máis, pero eso non lle da dereito en modo algún a colocar a moreas de mesas ata máis non poder.
O que pasa é que a hostalería do Carballiño está moi mal acostumada, xa que dende o concello non se lle puxeron límites. Eso si!!! tampouco lle digas que incumpren a licenza municipal de terrazas incrementando o número de mesas que protestan e encima son os ofendidos e as pobres víctimas.
Para poñer fin a estos abusos habría que facer controis periódicos nas terrazas, especialmente, en días festivos, como onte obrigando aos hostaleiros a retirar o número de mesas que puxeron de máis e multándoos apicándolles unha multa en función dos metros cadrados ocupados polas mesas das súas terrazas e se reinciden retirarlles a licenza municipal de terraza ou reducirlla á metade. Así haberían de aprender a respetar as normas e a non cometer tantos abusos dos que ten boa culpa o concello do Carballiño por non pór freo ós abusos que cometen certos/as hostaleiros/as desta vila.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-terrazas-da-rua-principal-o-dia-da-festa-do-pulpo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-terrazas-da-rua-principal-o-dia-da-festa-do-pulpo
[3] whatsapp://send?text=Sobre as terrazas da rúa Principal o día da Festa do Pulpo http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-terrazas-da-rua-principal-o-dia-da-festa-do-pulpo
[4] https://copecarballino.es/print/66843