Desenrolado por coroa.es
Despois da tapa de polbo do "récord universal", o actual equipo de goberno do Concello do Carballiño toma de novo a iniciativa e pon en marcha unha potente e arriscada proposta que vai supoñer a envexa do resto do país e un impulso definitivo aos atractivos turísticos que ofrece a vila do Arenteiro e que vai deixar risible á "Vilamorta" da pobriña Dona Emilia.
Trátase, nin máis nin menos, que a "ruta do lixo". Nela poderanse apreciar os destacados tonos, tirando a negro, dos lamparóns que ao longo e ancho das rúas céntricas e nas mugrientas papeleiras, que ambientan e compiten entre si para acadar o estado máis noxento posible, e, deste xeito, poderá ser valorada pola veciñanza e forasteiros.
Esta ruta será guiada polo Sr. Alcalde e o resto de concelleiros do goberno municipal. O éxito dáse por descontado. Será un puntazo para atraer á morea de xente que o AVE está a traer a Ourense e que, de seguro, vai a aproveitar tan espectacular e orixinal idea para achegarse á vila carballiñesa e gozar de tan saudable e aromático ambiente.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/ruta-do-lixo-unha-nova-e-potente-proposta-turistica-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/ruta-do-lixo-unha-nova-e-potente-proposta-turistica-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=A
[4] https://copecarballino.es/print/66950