Desenrolado por coroa.es
Máis de 2.200 persoas pasan este verán nas Residencias de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño e en Panxón (Nigrán). Case 1.300 persoas na primeira, e preto de 1.000 na segunda, o que supón un incremento con respecto ao ano pasado. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou ás familias que remataron a última quenda de agosto no Carballiño.
No marco do programa Vacacións en Familia, o Goberno galego ofrece un ano máis estadías de seis días no período estival a prezos económicos. En total, máis de 12.000 noites de aloxamento, entre os meses de xullo, agosto e setembro. As familias numerosas, monoparentais e acolledoras, así como as vítimas de violencia de xénero, teñen preferencia á hora de solicitar este programa.
Campamentos para persoas con discapacidade
As Residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón, ademais do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), acollen tamén os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Este ano, a Xunta ofertou 250 prazas para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 50 anos. Os campamentos desenvolveranse ata setembro nun total de 15 quendas de 10 días de duración.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/1300-persoas-pasan-este-veran-suas-vacacions-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/1300-persoas-pasan-este-veran-suas-vacacions-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=1.300 persoas pasan este verán as súas vacacións na Residencia de Tempo Libre do Carballiño http://copecarballino.es/novas/1300-persoas-pasan-este-veran-suas-vacacions-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/67142