Desenrolado por coroa.es
A Deputación inicia a campaña Ourense sobre rODaS!, que achegará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros educativos da provincia, no marco do proxecto OU DS Axenda 2030 – financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
O deputado provincial de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, acompañado do alcalde do Carbaliño Francisco Fumega e outros representantes do goberno municipal, participaron no inicio da campaña de difusión do proxecto que tivo lugar no Carballiño, onde a través dunha caseta deuse a coñecer entre os visitantes os detalles do proxecto e os temas vinculados aos ODS en materia de saúde, educación, igualdade, deporte, entre outras.
Esta campaña permitirá achegar os ODS a 12 concellos e 18 centros escolares, difundindo e sensibilizando á poboación ourensá co desenvolvemento sostible. Nos centros escolares dos 18 concellos participantes haberá actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e, entre os maiores, promoverase a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza, temas asociados ás metas 13, 14 e 15 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, mentres que os máis pequenos poderán gozar de fantásticos conta contos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-o-inicio-da-campana-da-deputacion-que-achegara-os-obxetivos-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-o-inicio-da-campana-da-deputacion-que-achegara-os-obxetivos-de
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño acolle o inicio da campaña da Deputación que achegará os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e colexios da provincia. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-o-inicio-da-campana-da-deputacion-que-achegara-os-obxetivos-de
[4] https://copecarballino.es/print/67331