Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro visitaba o mitico estadio de Lasesarre, agora Novo Lasesarre, 32 anos despòis desde que o fixera en 1992 nun partido de Copa do Rei que perdera por 3-0 e quedara eliminado, faciao agora en partido correspondente á Primeira Federación, no que foi o primeiro dos seis desprazamentos que terá o Arenteiro este ano a Euskadi.
O Barakaldo saíu mellor ao partido asediando no primeiro cuarto a portería de Diego García,ainda que co paso dos minutos os verdes comezaron a sacudirse o xogo vertical dos vascos e nivelar o partido, ata que no minuto 37 o que era un centro á area acabou dentro da portería do Arenteiro.
Na segunda parte os de Raúl Jardiel deron un paso adiante e súas foron as primeiras ocasions para empatar nas botas de Diego Gómez, non obstante cando mellor esta o Arenteiro chegou o segundo gol dos vascos. O Arenteiro pudo volver meterse de cheo no partido no minuto 86, pero Martin Solar non acertou a transformar o penalti cometido sobre David Ferreiro. Rexeitouno o meta local e tampouco Iano Simao acertou no rexeite. Non era a tarde dos verdes.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=DsVN7bqiC4M [5]
Cronica do partido no xornal "Deia":
https://www.deia.eus/futbol/2024/10/05/barakaldo-levanta-pie-8773091.html [6]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/primeira-visita-da-tempada-euskadi-do-arenteiro-saldase-cunha-derrota-en-barakaldo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/primeira-visita-da-tempada-euskadi-do-arenteiro-saldase-cunha-derrota-en-barakaldo
[3] whatsapp://send?text=A primeira visita da tempada a Euskadi do Arenteiro sáldase cunha derrota en Barakaldo http://copecarballino.es/novas/primeira-visita-da-tempada-euskadi-do-arenteiro-saldase-cunha-derrota-en-barakaldo
[4] https://copecarballino.es/print/67506
[5] https://www.youtube.com/watch?v=DsVN7bqiC4M
[6] https://www.deia.eus/futbol/2024/10/05/barakaldo-levanta-pie-8773091.html