Desenrolado por coroa.es
Unha familiar foi á entrevista para o obradoiro de emprego e pídenlle un certificado de que non ten estudos para poder acceder. E resulta que ese certificado non llo fan en ningún sitio porque solo certifican os estudos que ten, non os estudos que non ten. É increible que unha persoa sen estudos quede fóra do obradoiro de emprego porque non pode presentar un documento imposible de conseguir. E o peor: entrarán no obradoiro persoas con formación e os encargados da selección de candidatos quedarán tan tranquilos. Lamentable que non sexan capaces de redactar unhas bases que polo menos sexan legais, porque pedir requisitos imposibles moi legal non parece.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-0
[3] whatsapp://send?text=Obradoiro de emprego http://copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-0
[4] https://copecarballino.es/print/67870